Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-157/1997 e P-220/1997 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401), de non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-157/1997.

Denunciado e último enderezo coñecido: José Enrique Castro. Lestrobe-Dodro (A Coruña).

Feito denunciado: pescar con engado non autorizado en ríos salmoneiros (miñoca de mar), sendo sorprendido coa cana na man e o engado dentro da auga, o día 17 de maio de 1997, no río Ulla, concello de Dodro.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, do pesca fluvial.

Sanción: 20.000 ptas.

Expediente: P-220/1997.

Denunciado e último enderezo coñecido: Benedicto Gómez Romero. Rúa Santander, 4-1º Vigo.

Feito denunciado: pescar unha robaliza de 30 cm de lonxitude cando o mínimo autorizado é de 36 cm segundo o artigo 2 da Orde do 17-2-1997 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, negándose a entrega-la robaliza ós axentes para o seu comiso, o día 19 de xullo de 1997, no río Verdugo, concello de Pontevedra.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 5.000 ptas. e indemnización de 500 ptas.