Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a Orde do 22 de outubro de 1997, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que modifica a do 17 de marzo de 1995, pola que se resolve adxudicar, con carácter definitivo, á Empresa Pereira, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3182; XG-355.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o 17 de marzo de 1995, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á Empresa Pereira, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3182; XG-355.

A citada orde resultou revogada no que se refire ó itinerario entre Trabanca e Igrexa de Cea, como consecuencia da Resolución do 16 de outubro de 1996 que resolve un recurso de revisión interposto pola empresa Exprés de Tabeirós, S.L.

En cumprimento do dictado na resolución do recurso, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por Orde do 22 de outubro de 1997, procedeu a modifica-la Orde do 17 de marzo de 1995, antes citada, quedando a concesión coas seguintes condicións particulares:

I. Denominación do servicio.

* Servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Vilagarcía de Arousa, Carril, Guillán, A Torre, Trabanca, Igrexa de Cornazo, András, Vilaxoán e urbanización O Rial: V-3182; XG-355.

II. Itinerarios e puntos de parada.

* Vilagarcía de Arousa, Ramal, San Xosé, Praia Compostela, Vintecinco e Carril.

* San Xosé, As Pías, Pereira, A Caldigüela e Guillán.

* Vilagarcía de Arousa, Golpelleira e A Torre.

* Vilagarcía de Arousa, San Roque, Carolinas e Trabanca.

* Vilagarcía de Arousa, A Laxe, A Veiga, A Granxa, A Cruz e Igrexa de Cornazo.

* Vilagarcía de Arousa, Piñeiriño, Igrexa Fontecarmoa, Fontecarmoa, O Piñeiro, Renza, A Manga e András.

* Vilagarcía de Arousa, peirao Comercial, Ferrazo, Tombo, Lonxe e Vilaxoán.

* Vilaxoán, urbanización Rial-Rosales, Faxilde, Fontrabón e Renza.

* Vilagarcía de Arousa, Colexio Nacional, Vilaboa, Figueirido, Sobrán, Vilaxoán, empalme urbanización O Rial e urbanización O Rial.

III. Expedicións.

O Carril-urbanización O Rial por Vilaboa e Vilaxoán:

* Catro expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Catro expedicións de ida e volta os sábados laborables.

* Catro expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

O Carril-Vilaxoán por Vilaboa:

* Vintecinco expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Cinco expedicións adicionais de ida e volta os martes laborables.

* Trinta expedicións de ida e volta os sábados laborables.

* Vintecinco expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

Vilagarcía de Arousa-Vilaxoán por Ferrazo:

* Vinte expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Quince expedicións de ida e volta os sábados.

* Sies expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

Vilagarcía de Arousa-András polo Piñeiro e Renza:

* Tres expedicións de ida e volta de luns a sábado laborables.

Vilagarcía de Arousa-Renza polo Piñeiro:

* Cinco expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta os sábados laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

Vilagarcía de Arousa-Guillán:

* Sete expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Tres expedicións adicionais de ida e volta os martes laborables.

* Oito expedicións de ida e volta os sábados laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

Vilagarcía de Arousa-A Torre:

* Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta os sábados laborables.

* Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

Vilagarcía de Arousa-Igrexa de Cornazo:

* Seis expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Catro expedicións de ida e volta os sábados laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

Vilagarcía de Arousa-Trabanca:

* Sete expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Tres expedicións adicionais de ida e volta os martes laborables.

* Nove expedicións de ida e volta os sábados laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

Vilagarcía de Arousa-Vilaxoán-Renza:

* Unha expedición de ida e volta os martes laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

O Carril-Vilagarcía de Arousa (colexios EXB Franciscanas e Felipenses):

Meses de xuño e setembro:

* Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Outros meses do ano:

* Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

Vilaxoán-Vilagarcía de Arousa por Vilaboa (colexios EXV Franciscanas e Felipenses):

Meses de xuño e setembro:

* Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Outros meses do ano:

* Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

O Carril-fontecarmoa:

* Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

Vilaxoán-Fontecarmoa por Vilaboa:

* Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

Trabanca-Fontecarmoa:

* Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

O Carril-Figueirido (Instituto Sobradelo):

* Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

Vilaxoán-Figueirido (Instituto Sobradelo):

* Dúas espedicións de ida e volta os días lestivos.

Trabanca-Figueirido (Instituto Sobradelo):

* Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

IV. Outras condicións.

Son de aplicación tódalas demais condicións establecidas na Orde do 17 de marzo de 1995, feita pública por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 2 de maio de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 9-6-1995).

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1997.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes