Por medio desta cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores, que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.
Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quinces días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.
Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense o 12 de xaneiro de 1997.
Xosé Inacio Palomanes Rodríguez
Xefe do Servicio Provincial de Transportes de
Ourense