Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.813

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (354/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 354/1995, se seguen autos de executivo outros titulos, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Ford Credit Europe PLC, sucursal España, contra José

Luis Romero Mosconi, María Delia Galbán Lesende e Ramón Lesende Fachado, en reclamación de cantidade, actuacións nas que se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración pericial o seguinte vehículo que se lle embargou ós demandados:

-Ford Escort Ghia 1.8 D, matriculado no ano 1991 e con matrícula C-3656-AX.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, situado na rúa Viena nº 2, 2ª planta, polígono das Fontiñas, o vindeiro día 24 de marzo ás once horas, baixo as seguintes condicións:

1ª. O tipo do remate será de 450.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2ª. Para poderen tomar parte na licitación, os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV nº de conta 1592/17/354/95, o vinte por cento do tipo de remate.

3ª. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego fechado, desde o anuncio da poxa ata que teña lugar, depositando na mesa do xulgado, xunto co prego, o vinte por cento do tipo de remate.

4ª. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

5ª. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e teñan cuberto o tipo da poxa, para os efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise coa obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan por orde das súas respectivas ofertas.

6º. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen que destine para a súa extinción o prezo do remate.

7ª. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 23 de abril, ás once horas, nas mesmas condicións que a primeira, bardante o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a segunda poxa, terá lugar unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 19 de maio, tamén ás once horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1998.

O maxistrado xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado