Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.813

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (362/1997-I).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada o día da data, no xuízo de faltas nº 362/1997-I, tramitado por danos, cítese a Carmen Bello Pérez, que se encontra en paradoiro descoñecido, para o vindeiro día 6 de marzo, ás 11.10 horas, co fin de que compareza en calidade de denunciante, ante a Sala de Audiencia número catro deste xulgado, sita na 1ª planta do Pazo de Xustiza das Fontiñas de Santiago de Compostela, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que de non comparecer recaerán sobre ela os prexuízos ós que haxa lugar en dereito e que deberá ir provista do DNI e dos medios de proba dos que tente valerse.

En Santiago de Compostela o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado