Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 1998 Páx. 1.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/15-2, 4892 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díaz, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Friol, Guntín, Froselle.

Situación: Friol.

Descricións técnicas: liñas de M.T. a 20 kV en apoios de formigón e con conductor LA 56/54,6 mm de 855 metros. Liña de M.T. subterránea en cable R.V.H. 12/20 kV 1x95 mm de 175 metros. 3 C.T. aéreos a 400 kVA. Liñas de B.T. de 380-220 V en R.Z. e cunha lonxitude de 7,6 km.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo