Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díaz, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Matela, Teso e Condomiña.
Situación: Baralla.
Descricións técnicas: L.M.T. a C.T. de Matela de 20 kV de 1.685 km en conductor LA 56/54,6 mm L.M.T. a C.T.A. de Teso, Condomiña de 20 kV de lonxitude 0,276 km en LA 56/54,6 mm. Dous C.T. de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. a 380-220 V en R.Z. de 2.150 m.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 16 de xaneiro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo