Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

CONVOCATORIA de concurso para a concesión da xestión e explotación da piscina climatizada de Verín (expediente 98000010).

1. Entidade adxudicadora.

A. Organismo: Concello de Verín. B) Dependecia que tramita o expediente: Secretaría. C) Nº de expediente: 98/10.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: a adxudicación da xestión indirecta mediante concesión e conseguinte explotación do servicio da piscina climatizada de Verín.

B) Lugar de execución: piscina climatizada de Verín.

C) Prazo da concesión: dez anos (improrrogables).

D) Indicar se a execución do contrato comprende a execución das obras: non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: ordinaria. B) Procedemento: aberto. C) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: non se establece previamente e será proposto libremente polo concursantes.

5. Garantías.

Provisional: 250.000 pesetas. Definitiva: 500.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

A) Entidade: Concello de Verín. B) Domicilio: praza do Concello. C) Localidade e código postal: Verín, 32600. D) Teléfono: (988) 41 03 34. E) Fax: (988) 41 19 00. F) Data límite da obtención de documentos e información: o vixésimo sexto día natural (26 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisistos específicos do contratista.

Os participantes na licitación deberán acreditar, con vixencia na data de terminación do prazo para presentaren proposicións, que están en posesión da seguinte clasificación de contratistas: grupo 3, subgrupo 8, categoría B.

8. Presentación das proposicións.

A) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural (26 días naturais) desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo). B) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse consonte o establecido na cláusula décima do prego das administrativas particulares que rexen no concurso.

C) Lugar de presentación: mesmos datos punto 6.

D) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o asinamento do contrato.

9. Apertura das ofertas.

A) Data: o primeiro día natural seguine ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

B) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

A) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décimo segunda dos da contratación.

B) Consulta documentación: nas dependencias municipais.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 2 de febreiro de 1998.

Alcalde

Rubricado