Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 1998 Páx. 1.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

De acordo coas bases aprobadas pola Comisión de Goberno na súa sesión do 19 de xaneiro de 1998, solicítanse candidatos para cubrir mediante contrato laboral eventual, por obra ou servicios determinados, os seguintes postos:

1 posto de oficial 1ª.

4 postos de oficial 2ª.

3 postos de peón.

1 posto de oficial electricista.

1 posto de oficial 3ª fontaneiro.

Requisitos: será imprescindible para o acceso á praza os requisitos seguintes:

1. Ser maior de idade e non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento da súa función.

2. Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións públicas nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

3. Non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade ou incapacidade previstas na lexislación vixente.

4. Experiencia mínima dun ano na praza á que opte ou noutra de categoría similar ou superior.

Documentación: o currículum vitae e demais documentación presentarase durante o prazo de 10 días naturais que comezarán a contar a partir do seguine á inserción da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Esta documentación presentarase no Rexistro do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas, situado na Lomba do Cruceiro, 5, Ribadetea (Ponteareas) en horario de 9 a 14 horas ou ben polos procedementos admitidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A documentación consistirá en fotocopias non compulsadas de tódolos méritos que se aleguen.

Par os efectos do recoñecemeto da experiencia alegada, será aceptado contrato, certificación da Administración correspondente ou calquera outro medio que acredite a prestación dos citados servicios.

Así mesmo deberá achegarse fotocopia do DNI.

As bases polas que se rexe esta contratación estarán á disposición dos intersados no Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas.

Ponteareas, 21 de xaneiro de 1998.

José Castro Álvarez

Alcalde