Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

CONVOCATORIA de concurso para a concesión da construcción dun aparcamento subterráneo e xestión e explotación do servicio.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Nº expediente: 98/1915.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adxudicación da xestión indirecta mediante concesión de:

a.1. O uso privativo do subsolo da praza do Concello e do das rúas Dr. Pedro González Prada y Colón de Verín, mediante a construcción dun aparcamento suterráneo.

a.2. A execución das obras do aparcamento subterráneo e a xestión e explotación do servicio de aparcamento suterráneo.

b) Lugar de execución: concello de Verín-Ourense.

c) Prazo da concesión: 50 anos (improrrogables).

d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución das obras:

Executaranse por conta do adxudicatario as de construcción subterránea do aparcamento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: non se establece previamente e será proposto libremente polos concursantes.

5. Garantías.

Provisional: 500.000 pesetas.

Definitiva: (sólo adxudicatario).

a) Para responder da ejecución das obras: o 4% do importe do orzamento de execución por contrato que se faga figurar na memoria descritiva e valorada destas (esta garantía será devolta cando transcorra o prazo de garantía das obras).

b) Para responder da xestión do servicio: 2.000.000 de pesetas, que se entenderá cuberta e presentada co documento que acredite a formalización dunha póliza de responsabilidade civil por importe de 50.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín 32600. d) Teléfono: (988) 41 03 34. e) Fax: (988) 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o trixésimo día hábil (30 días hábiles), desde o seguinte o da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o plazo o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Os participantes na licitación deberán acreditar, con vixencia na data de terminación do prazo para presentar proposicións, que están en posesión da seguinte:

Clasificación de contratistas:

GrupoSubgrupoCategoría

A1D

C2, 6 e 7D

E1E

G6E

I 9D

K6B

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o trixésimo día hábil (30 días hábiles) desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada, presentaranse consonte o establecido na cláusula décima do prego das administrativas particulares que rexen no concurso.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o asinamento do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte o da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida en sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décimo segunda da contratación.

b) Consulta documentación: nas dependencias municipais.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 2 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado