O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 13 de decembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle na Travesía de Vigo, 54, presentado por Cendón y Domínguez, S.L., redactado polos arquitectos Desiderio Pernas, José M. Quinteiro e Pedro López Ruipérez e visada pola COAG con data do 27-7-1995 e 6-9-1995, conforme a documentación que consta no expediente.
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi
nistrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 19 de xaneiro de 1998.
Manuel Pérez Pérez
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo