Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

APROBACIÓN definitiva do estudio de detalle incoado para a construcción de tres chalets adosados na avenida de Luis Rocafort da vila de Sanxenxo.

O Pleno da Corporación Municipal deste Concello, en sesión celebrada o día 26 de decembro de 1997, acordou prestarlle aprobación definitiva ó estudio de detalle tramitado por instancia de Luciano Lastres Seijas e Carlos Lastres Carballa, paa a construcción de tres chaléts adosados, na Avda. de Luis Rocafort da vila de Sanxenxo.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2 da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo da comunicación ó órgano autor do acto, ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 16 de xaneiro de 1998.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde