Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento, fixando ordenación de terreos no Campo de San Roque-Portonovo.

A Corporación Municipal deste Concello, en sesión plenaria celebrada o día 26 de decembro de 1997, acordou prestarlle aprobación definitiva ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento, para fixar ordenación de terreos situados no Campo de San Roque na vila de Portonovo.

A modificación aprobada consiste na emenda de comunicación entre a zona verde ZV-20 coa Avda. de Pontevedra, por unha nova ordenación semellante á das parcelas estremeiras.

De conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a modificación aprobada e a normativa que a regulamenta será publicacada no BOP de Pontevedra.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, logo da comunicación ó órgano autor

do acto, ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Sanxenxo, 16 de xaneiro de 1998.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde