Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Interior, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador en materia de xogo P-6/97.

Intentada a notificación directa á empresa operadora Recreativos Silma, S.L. da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

RESOLUCIÓN:

1º Sanciona-la empresa operadora Recreativos Silma, S.L., solidariamente co seu xerente/apoderado Carlos Fernando Fraiz Domínguez, con multa de trescentas cincuenta mil pesetas (350.000 ptas.), pola comisión de dúas infraccións graves das previstas no artigo 29 i da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local La Cabaña, do Concello do Rosal (Pontevedra), dúas máquinas recreativas carecendo da preceptiva documentación.

2º Sanciona-lo titular do establecemento La Cabaña do Concello do Rosal (Pontevedra), Francisco Javier Lorenzo Alonso, con multa de sesenta mil pesetas (60.000 ptas.), pola comisión de dúas infraccións graves das previstas no artigo 29 i da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local dúas máquinas recreatias carecendo da preceptiva documentación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo logo da correspondente comunicación a esta consellería na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311.500.6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De no efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1998.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior