Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o acordo de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 964 e 1086/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de nvoembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29-1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructor do expediente a xefa da Sección de Asociacións e Espectáculos, Margarita Olmo Bosco, e secretaria a xefa de grupo Mª Teresa Iglesias Lugrís; poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exercita-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que estime conveniente na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerado propsota de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 20 de xaneiro de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 1086/1997.

Denunciado: Ramiro Casas Martínez.

DNI: 52.458.940.

Enderezo: Amado Carballo, nº 3, Ribeira.

Establecemento: café bar Ave Turuta.

Precepto infrinxido: 26 e) L.O. 1/1992.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/1992.

Multa: ata 50.000 ptas.

Número de expediente: 964/1997.

Denunciado: Ramiro Casas Martínez.

DNI: 52.458.940.

Enderezo: Amado Carballo, nº 3, Ribeira.

Establecemento: café bar Ave Turuta.

Precepto infrinxido: 26 e) L.O. 1/1992.

Precepto sancionador: 28 L.O. 1/1992.

Multa: ata 50.000 ptas.