Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN408A 97/4-3 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de productores eléctricos, crado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, dunha planta de coxeración, que ten como características principais as seguintes:

a) Peticionario: Lisardo González, S.L., CIF B-32206914, con domicilio social en San Martiño-Vilamarín (Ourense).

b) Situación: San Martiño, concello de Vilamarín (Ourense).

c) Finalidade: establecer un sistema de coxeración con aproveitamento simultáneo de calor e electricidade, para un mellor aproveitamento enerxético na factoría.

d) Equipamento: grupo moto-xerador, con motor diésel alternativo, de 1460 kW de potencia, e 1500

rpm, alimentado por gasóleo C; e xerador de 1387 kVA, Cos º=0,8, e tensión de xeración 400 V. Transformador de potencia, trifásico de 1600 kVA, con r.d.t. 20/0,4 kV e trafo para servicios auxiliares de 630 kVA. Intercambiadores de calor de auga de camisas/auga de proceso, recuperadores de calor de fumes e torre de refrixeración con cambiadores de calor. Tanque de 50 m de almacenamento do combustible. Equipo eléctrico de manobra, protección, medida e interconexión coa rede de distribución.

e) Orzamento: 94.862.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, situada na rúa Curros Enríquez nº 1-4º de Ourense, e, formular no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, as reclamacións que se consideren oportunas.

Ourense, 15 de decembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense