Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, do 16 de marzo de 1993.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos Estrada de Celanova, nº 80-1-2º C-A Valenzá-Ourense, resolución do recurso de alzada número 0898/1993, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galega da Vivenda e Solo en Ourense, do 16 de marzo de 1993, pola que se acordou denega-las axudas económicas solicitadas para a adquisición dunha vivenda de protección oficial de pro

moción privada, da que a súa parte dispositiva literalmente di:

Estima-lo recurso de alzada número V-0898/1993, interposto por Ricardo Posada Prieto, contra a resolución do delegado provincial do IGVS en Ourense, do 16 de marzo de 1993, pola que se acordou denegarlle a concesión da subvención a Antonio Ricardo Posada Prieto; resolución que se revoga coa remisión do expediente á Delegación Provincial do IGVS en Ourense para que se proceda para os efectos oportunos.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da sús notificación, lembrándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 16 de xaneiro de 1998.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda