Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/16-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. enlace Canteiras do Porriño.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20/15 de 1.488 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o penúltimo apoio da L.M.T. ó C.T. Graniblock rematando no apoio de entronque da L.M.T. ó C.T. Canteiras Lemos, desde o apoio metálico s/n da L.M.T. 13.10 Atios-Tui, rematando no apoio 13, seguinte a derivación do C.T. hormigones P, desde o penúltimo apoio da L.M.T. ó C.T. M. Vázquez, finalizando no apoio metálico existente da derivación ó C.T. Canteiras Miño. Concello do Porriño.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra