Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada; V-1600; XG-101, entre Padrín e Casal de Eirigo, con anexo, e V-3154; XG-353, entre Amil e Carril, con anexo.

O acordo directivo do 19 de decembro de 1998 autorizou a transmisión das concesións de referencia

a favor de Benito Abalo, S.L. por cesión do seu anterior titular, Benito Abalo Rivas.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes