Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO do 23 de xaneiro de 1998, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fan públicas as notificacións a diversos contribuíntes (José Queiruga Romero e trece máis) dos acordos de liquidación derivados de actas de inspección.

Ó non encontrarse nos domicilios coñecidos por esta delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen se poder levar a efecto a notificación pretendida ós contribuíntes que a seguir se relacionan, por medio do presente edicto, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles acor

dos de liquidación derivados de actas incoadas polo Servicio de Inspección Tributaria.

Advírteselles ós interesados o seu dereito a formularen ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación as alegacións que consideren oportunas, logo da posta de manifesto das respectivas actuacións, dentro do prazo dos quince días seguintes ó da publicación do presente edicto, servindo as ditas actas e acordos para a iniciación dos expedientes a que se refire o apartado primeiro do artigo 146 da Lei xeral tributaria.

A Coruña, 23 de xaneiro de 1998.

Enrique Fernández Arias

Delegado territorial da Coruña