Ó non encontrarse nos domicilios coñecidos por esta delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen se poder levar a efecto a notificación pretendida ós contribuíntes que a seguir se relacionan, por medio do presente edicto, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles acordos de liquidación derivados de actas incoadas polo Servicio de Inspección Tributaria.
Advírteselles ós interesados o seu dereito a formularen ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación as alegacións que consideren opor
tunas, logo da posta de manifesto das respectivas actuacións, dentro do prazo dos quince días seguintes ó sétimo posterior ó da data de publicación do presente edicto, servindo as ditas actas e acordos para a iniciación dos expedientes a que se refire
o apartado primeiro do artigo 146 da Lei xeral tributaria.
A Coruña, 23 de xaneiro de 1998.
Enrique Fernández Arias
Delegado territorial da Coruña