Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto, pola tramitación de urxencia, para a contratación da restauración e reutilización do antigo convento de San Roque en Santiago de Compostela.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da restauración e reutilización do antigo convento de San Roque en Santiago de Compostela. As características básicas da contratación son as seguintes:

1.- Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano s/n; 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 41 34. Expediente 2/1998.

2.- Obxecto do contrato: restauración e reutilización do antigo convento de San Roque en Santiago de Compostela.

3.- Prazo de execución: será de vintedous meses.

4.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación de urxencia. Concurso público por procedemento aberto.

5.- Orzamento base de licitación: douscentos cincuenta e catro millóns seiscentas oitenta e tres mil oitocentas pesetas (254.683.800 ptas.), IVE incluído.

6.- Garantía provisional: 5.093.676 pesetas.

7.- Obtención de documentación: nas dependencias da copistería Copy A3, S.L., praza de Mazarelos, 4. Santiago de Compostela. Teléfono e fax: (981) 56 40 10.

8.- Obtención de información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo de San Caetano s/n; C.P. 15704 Santiago de Compostela. Tlf.: 54 41 34. Fax: 54 41 25.

A data límite de obtención da documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

9.- Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n. C.P. 15704 Santiago de Compostela.

10.- Apertura das ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do terceiro día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda