Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.562

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (252/2997).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, certifico que nos autos que despois se dirán recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. En Ribeira o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e oito. Celia Carmen Rodríguez Arias, xuíza de Provisión Temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado con nº 252/1997. Foi citado o Ministerio Fiscal, que estivo representado polo fiscal da Audiencia Provincial da Coruña. Foron igualmente citados en legal forma o denunciante José Antonio Rey Sampedro e o denunciado Manuel Lado López.

Parte dispositiva. Que debo absolver e absolvo a Manuel Lado López como autor dunha falta de denegación de auxilio tipificada no artigo 618 do Código Penal. As custas declararanse de oficio. Así, por esta miña sentencia, que se notificará coas preven

cións contidas no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a José Antonio Rey Sampedro, expido e asino a presente cédula.

Ribeira, 27 de xaneiro de 1998.

A secretaria

Rubricado