Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 1998 Páx. 1.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transportes de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1998, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2377; XG-226, entre Manzalvos e estación de ferrocarril de Vilavella, da titularidade de Marcelino Pérez Giralda.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Ourense (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes