Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 4 de marzo do ano 1997, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución nº 20 das normas subsidiarias municipais sita na costa da Tapia-O Temple, promovido por Promociones Xuanzo, S.L., e redactado polo arquitecto José Ramón Díaz Barbeito.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 21 de xaneiro de 1998.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde