Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización dun tramo de rúa na Avenida de Vigo, entre os cuarteiróns 238 e 240 do PXOU.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 26 de xaneiro de 1998 aprobou, con carácter inicial,

o proxecto de urbanización dun tramo de rúa na Avenida de Vigo, entre os cuarteiróns número 238 e 240 do PXOU promovido mediante iniciativa particular por Promociones Acuña, S.L., e planos reformados números 2 e 3, que reforman e anulan os correlativos do proxecto, documentación toda ela redactada polo arquitecto Fernando Lafuente Lestón, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con datas do 31/10/1997 e 22/12/1997, respectivamente, incorporándose a este acto tódalas condicións impostas pola Unidade de Estradas en Pontevedra do Ministerio de Fomento en informe con data 12/1/1998 que se notificará, por conseguinte, á promotora, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 3 de febreiro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral