Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1997 pola que se anuncia concurso público con procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita. (Expediente 415/1997).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 415/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: substitución da cuberta na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: sesenta días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 49.664.580 ptas.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 56.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible: grupo C, subgrupos 1, 2, 3, 4, 7 e 8, categoría D.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal, 46-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 29 de decembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo