Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de elaboración e distribución do Boletín Xove, de Información e Emprego Xuvenil

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 2/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: Servicio de elaboración e distribución do Boletín Xove, de Información e Emprego Xuvenil.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: ata o 31-12-1998. Entregas mensuais (9 números).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 4.500.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 46 52.

d) Telefax: (981) 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no rexistro de contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A ou certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15771 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas:

a) Entitade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir esta en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos do anuncio:

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1998.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude