Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 22 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a proposta do expediente sancionador, referencia Secretaría 221/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de proposta de expediente sancionador contra el instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.3 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente: Secretaría 221/1997.

Denunciado: Julimar, S.L. Bar El Tenderete.

Último enderezo coñecido: Menéndez Pelayo, 9 A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 25.000 ptas.

A Coruña, 22 de xaneiro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña