Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

O concello Pleno, en sesión do 29 de xaneiro de 1998, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual número un das normas subsidiarias de planeamento do Concello do Grove.

O que se fai público significando que, contra o acordo citado, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte

ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comuncárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

O Grove, 3 de febreiro de 1998.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde