Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.452

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DA UNIDADE DE EXECUCIÓN GARCÍA BARBÓN 27-33

APROBACIÓN inicial do proxecto de compensación.

En asemblea xeral extraordinaria da Xunta de Compensación da Unidade de Execución García Barbón 27-33-Roupeiro cuarteirón nº 22 do P.E.E.C. con data do 28 de xaneiro de 1998, acordouse por unanimidade dos membros da indicada xunta, aprobar inicialmente o correspondente proxecto de compensación, conforme a documentación elaborada polos arquitectos Alberto Iglesias Álvarez e M. J. Maldonado.

Sométese a información pública o indicado proxecto de compensación, polo período de vinte días, mediante a inserción da presente publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, por remisión expresa do artigo 133.8º dela.

Signifícase que o prazo de exposición pública enténdese aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados desde o último anuncio. A documentación correspondente ó indicado proxecto encóntrase no domicilio da indicada Xunta de Compensación na rúa Magalláns, 7-4º B nesta cidade de Vigo, á disposición do público, podéndose presenta-las correspondentes alegacións no Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, situado na planta baixa do concello, praza do Rei, s/n.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultar descoñecidos ou de domicilio ignorado non puideran ser citados persoalmente.

O presidente da Xunta de Compensación

Rubricado