Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do anexo ó proxecto de execución do parque eólico Bustelo I. (Expediente 001-EOL).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas; 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas; 2366/1994, sobre producción de enerxía eléctrica, e artículos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación tendo en conta o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e 205/1995 polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude da Made Energías Renovables, S.A., para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, que implicará a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e aprobación do anexo ó proxecto de execución do parque eólico de Bustelo I, que xa foi sometido á información pública por Resolución

do 31 de marzo de 1997, desta delegación provincial.

Peticionario: Made Energías Renovables, S.A., Avda. de Burgos, 8-B, edificio Génesis, planta 18, 28036 Madrid.

Situación: concello de Muras (Lugo).

Afección a predios particulares: as afeccións incluídas no anexo implican a ocupación de pleno dominio dos terreos.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegharon a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións a el, no prazo de 30 días, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Lugo, 22 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo