Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se publican as adxudicacións dos contratos de subministracións e asistencias técnicas que se relacionan, realizadas durante o ano 1997.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou

darlle publicidade ás adxudicacións dos contratos que a continuación se relacionan:

-Adquisición de 27 vehículos tipo break, motor diésel, de cinco portas, para uso das policías locais.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Noyamóvil, S.L.

Orzamento: 50.000.000 de ptas., IVE incluído.

-Subministración de 35 equipos de atestados/control de alcoholemia para uso das policías locais.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Sociedad para Investigaciones y Aplicaciones Industriales, S.A., SIAISA.

Orzamento: 12.899.229 ptas., IVE incluído.

-Subministración e instalación de material informático para diversos órganos xudiciais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Informática El Corte Inglés, S.A., IECISA.

Orzamento: 25.000.000 de ptas., IVE incluído.

-Adquisición de mobiliario complementario para a nova sede da Audiencia Provincial da Coruña.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Deseño Galicia, S.L.

Orzamento: 14.981.516 ptas., IVE incluído.

-Adquisición de mobiliario para a nova sede da Academia Galega de Seguridade na Estrada (Pontevedra).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Imagen, Hostelería y Oficinas, S.L.

Orzamento: 31.627.485 ptas., IVE incluído.

-Contratación do servicio de limpeza das sedes administrativas e delegacións provinciais desta consellería.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatarios:

DependenciaEmpresaPrezo anual

1. Delegación Provincial da CoruñaLimpiezas del Noroeste, S.A., Linorsa1.539.816 ptas.
2. SMAC de FerrolSymatec, S.L.424.100 ptas.
3. SMAC de Santiago de CompostelaLucadi, S.L.483.431 ptas.
4. Policía Autonómica na CoruñaLucadi, S.L.2.350.000 ptas.
5. Delegación Provincial en LugoLimpiezas Novoa, S.A.1.903.560 ptas.
6. Policía Autonómica en LugoLimpiezas del Noroeste, S.A., Linorsa709.920 ptas.
7. Policía Autonómica en OurenseMaconsi, S.L.835.200 ptas.
8. Delegación Provincial en Vigo (Pontevedra)Viguesa de Limpiezas Almi, S.L.2.343.613 ptas.
9. SMAC de VigoLimpiezas del Noroeste, S.A., Linorsa1.266.720 ptas.
10. SMAC de PontevedraViguesa de Limpiezas Almi, S.L.307.270 ptas.
11. Policía Autonómica en PontevedraSymatec, S.L.1.265.100 ptas.
12. Delegación Provincial e SMAC en OurenseMaconsi, S.L.1.879.200 ptas.
13. Gabinete de Seguridade e Hixiene en RandeLimpiezas del Noroeste, S.A., Linorsa5.832.480 ptas.
14. Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior en PontevedraLimpiezas del Noroeste, S.A., Linorsa473.280 ptas.
15. Gabinete de Seguridade e Hixiene e SMAC na CoruñaEurolimp, S.A.5.039.000 ptas.

Orzamento: 26.652.730 ptas., IVE incluído.

-Contratación do servicio de limpeza de edificios destinados a sedes de diversos órganos xudiciais radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Urbaser, S.A.

Orzamento: 28.537.142 ptas., IVE incluído.

-Redacción do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación do Pazo de Xustiza da Coruña para sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatarios: o arquitecto José Manuel Gallego Jorreto e o enxeñeiro de camiños, canles e portos Antonio González Serrano.

Orzamento: 17.278.314 ptas., IVE incluído.

-Redacción do proxecto básico e de execución das obras para a reforma e ampliación de edificio destinado a sede dos xulgados de Ferrol.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: o arquitecto Carlos Fernández-Gago Varela.

Orzamento: 4.332.487 ptas., IVE incluído.

-Redacción do proxecto básico e de execución das obras para a ampliación, reforma e rehabilitación da antiga escola de estudios empresariais para sede dos xulgados de Lugo.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: o arquitecto Gustavo Díaz García.

Orzamento: 15.267.513 ptas., IVE incluído.

-Redacción do proxecto básico e de execución das obras para a construcción do edificio de nova planta para sede dos xulgados de Vigo.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatarios: o arquitecto Miguel Ángel Pérez Moreiras e a sociedade Estudio de Ingeniería y Arquitectura, S.L., Estingar, S.L.

Orzamento: 9.603.695 ptas., IVE incluído.

-Redacción do proxecto básico e de execución das obras para a construcción do edificio de nova planta para sede dos xulgados da Pobra de Trives (Ourense).

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatarios: o arquitecto Xosé Manuel Casabella López.

Orzamento: 1.834.615 ptas., IVE incluído.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais