Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 777/1997).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública a solicitude da empresa Hipercor, S.A., con enderezo social en rúa Hermosilla, 112 de Madrid, para a autorización administrativa da instalación eléctrica que segue:

Unha planta de coxeración das características técnicas básicas seguintes:

-Dous grupos motoxeradores de 1460 KVA cada un a gasóleo.

-Tres grupos motoxeradores de 1036 KVA cada un a gas natural.

-Unha arrefriadora de auga por absorción.

-Cinco caldeiras de recuperación de gases de escape e instalacións complementarias.

-Instalacións de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

Lugar onde se vai establece-la instalación: centro comercial que a sociedade solicitante constrúe en Santiago de Compostela, Rúa do Paxonal, s/n.

Orzamento: 211.420.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 14 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña