Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, a solicitude de autorización, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica das instalacións do Parque Eólico de Careón.

Para os efectos previstos no artigo 25.3 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, no artigo 53 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, no artigo 10 do Decreto 2619/1966, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, no artigo 5 do R.D. 2366/1994, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables e no artigo 13 do Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública en concreto, a aprobación do proxecto de execución e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción

eléctrica presentada por Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. (UFEESA), con enderezo social na rúa Capitán Haya, 53 - 28020 Madrid, para o Parque Eólico de Careón coas seguintes características:

Denominación: Parque Eólico de Careón.

Municipios afectados: Palas de Rei (Lugo), Toques (A Coruña) e Melide (A Coruña).

Situación: coordenadas poligonales (UTM).

NomeMunicipio Vértices

XY
CareónPalas de Rei (Lugo)0.588.0004.750.000
Toques (A Coruña)0.586.0004.750.000
Melide (A Coruña)0.584.0004.754.000
0.588.0004.758.000
0.591.0004.758.000
0.591.0004.754.000
0.588.0004.750.000

Características técnicas básicas:

-Nº de aeroxeradores: 30.

-Potencia unitaria: 600 kW.

-Potencia total instalada: 18 MW.

-Centros de transformación: 0,69/20 kV.

-Xeradores: Asíncronos.

-Aparellos de protección, telemando, control, sinalización e medida.

Subestación de 20/60 kV con transformador de potencia de 20 MVA.

-Producción neta anual estimada: 45.585 MWh/ano.

Investimento total: 2.780 millóns de pesetas.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo coa empresa promotora do proxecto, dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais o intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto na Dirección Xeral de Industria, situada no edificio administrativo San Caetano, bloque nº 5, 4ª planta, 15771 Santiago de Compostela e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde a última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e deste xeito dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1955.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria