Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.411

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (96/1997).

José Manuel Formoso Sobrado, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, en resolución desta data dictado no Or.suma.hip. artigo 131 da Lei hipotecaria número 96/1997, que se segue neste xulgado por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes, contra José Rodríguez Suárez e Consuelo Arufe Gómez, sobre reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, por primeira vez, o seguinte predio:

-Casa composta de soto e baixo, que ocupa unha extensión de cento vinte metros cadrados. Ten anexo un terreo dunha extensión de mil noventa metros cadrados. Casa e terreo forman un só predio, que linda: norte, María Asunción Lorenzo Suárez (475); sur, zona excluída e camiño; leste, María Asunción Lorenzo Suárez e outra (477) e oeste, Manuel Gandarela Mariño e outro (474).

Inscrición: no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 381, libro 94 do Concello de Rois, folio 129, predio número 9596.

O remate terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, situado na rúa Tetuán, s/n, desta cidade, o día 25 de marzo ás 10.30 horas, previndo ós licitadores do que segue:

Primeiro.-O tipo da poxa é de 8.280.000 pesetas, fixado na escritura de préstamo, non admitíndose ofertas que non cubran a devandita cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar na conta deste xulgado número 1575-18-96/97 do Banco Bilbao Vizcaya, o 20% da dita cantidade, requisito sen o que non serán admitidos.

Terceiros.-Poderase face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e as certificacións a que se refire a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como suficiente a titulación achegada.

Sexto.-As cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, se as houber ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrrogado na súa responsabilidade, sen que se destine para a súa extinción o prezo de remate.

Se non hai licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 30 de abril, ás 10.30 horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración;

terá lugar a terceira poxa, se é o caso, o día 5 de xuño, ás 10.30 horas, sen suxeición a tipo.

Padrón o vinteoito de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado