Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.410

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (82/1997).

José Manuel Formoso Sobrado, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, en resolución desta data dictado no Or.suma.hip artigo 131 da Lei hipotecaria número 82/1997, que se segue neste xulgado por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes, contra Manuel Moares Calvo e Mª Celia Vicente Rial, por reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, por primeira vez, o seguinte predio:

-Urbano. Casa situada no lugar de Laxe, parroquia de Taragoña, concello de Rianxo, que ten unha superficie construída de cincocentas trinta e sete metros aproximadamente, e unha superficie útil duns catrocentos corenta metros cadrados.

Componse dunha planta de soto, con destino para garaxe, unha planta baixa con destino a local e negocio e unha planta alta con destino a vivenda, e con acceso ó soto por unha porta situada no sur do predio

e as plantas baixa e alta por dúas portas situadas na estrema oeste do predio.

A casa está construída no sector sudoeste do predio, e ten un terreo anexo libre de edificación de catrocentos vintetrés metros cadrados e destinado a labradío. Os lindes do conxunto que abranguen a casa e o terreo anexo, son: norte, herdeiro de Fernando Fernández; sur, camiño; leste, muro e oeste, estrada de Padrón a Ribeira.

Os lindeiros da edificación son os seguintes: dereita segundo de entra, camiño; esquerda segundo se entre, máis terreo do predio; fronte, estrada de Padrón a Ribeira e traseira, máis terreo do predio.

Inscrición: no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 544, libro 63, folio 16, predio número 6773.

O remate terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, situado na rúa Tetuán, s/n, desta cidade, o día 25 de marzo ás 10 horas, previndo ós licitadores do que segue:

Primeiro.-O tipo de poxa é de 19.049.175 pesetas, fixado na escritura de préstamo, non admitíndose ofertas que non cubran a devandita cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar na conta deste xulgado número 1575-18-82/97 do Banco Bilbao Vizcaya, o 20% da dita cantidade, requisito sen o que non serán admitidos.

Terceiro.-Poderase face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Os autos e as certificacións a que se refire a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como suficiente a titulación achegada.

Sexto.-As cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, se as houber ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrrogado na súa responsabilidade, sen que se destine para a súa extinción o prezo de remate.

Se non hai licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 30 de abril, ás 10 horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración; terá lugar a terceira poxa, se é o caso, o día 5 de xuño, ás 10 horas, sen suxeición a tipo.

Padrón o vinteoito de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado