Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso con intervención de xurado para a redacción do anteproxecto dun edificio administrativo en San Lázaro (Santiago de Compostela).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso con intervención de xurado para a elaboración do anteproxecto dun edificio administrativo en San Lázaro (Santiago de Compostela). As características básicas do procedemento son as seguintes:

1. Entidade convocante: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Tfno. 54 41 34.

2. Obxecto do concurso: redacción do anteproxecto dun edificio administrativo en San Lázaro (Santiago de Compostela).

3. Tramitación e procedemento: a tramitación seguirase segundo o previsto no artigo 216 da LCAP de acordo coas normas do concurso con intervención de xurado.

4. Obtención de documentación: nas dependencias da copistería Copy A3, S.L. na praza de Mazarelos, 4, Santiago de Compostela. Teléfono e fax: (981) 56 40 10.

5. Obtención de información: nas dependencias do Servicio Técnico e de Inventario da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano, s/n, C.P. 15704 Santiago de Compostela, Teléfono: (981) 54 41 49.

A data límite de obtención de documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

6. Presentación de anteproxectos: as proposicións presentaranse no prazo de 26 días contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG desta resolución e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de condicións. Tódolos documentos esixidos deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo do xeito establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, s/n, C.P. 15704 Santiago de Compostela.

7. Resolución: o gañador será designado por resolución da Secretaría Xeral e do Patrimonio, á vista do dictame elaborado polo xurado.

Só será designado como gañador un único anteproxecto, sen prexuízo do dereito da Administración, á vista da decisión do xurado, de declarar deserto o concurso.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda