Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.393

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e pub1icación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-1-1998, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, con data do 22-12-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de xaneiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Texto do convenio

Artigo 1º

O presente convenio aplicarase no centro de traballo da empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A. (CEAMSA), situada no Porriño (Pontevedra) e, por extensión, en calquera lugar onde o persoal obreiro da empresa traballe para ela, afectando a todo o persoal obreiro que estea prestando os seus servicios na actualidade.

Artigo 2º

A duración deste convenio será de tres anos, é dicir, do 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1999. Non obstante, a partir do 1 de xaneiro do ano 2000 será de aplicación íntegra o Convenio Xeral de Industrias Químicas.

Artigo 3º

A organización do traballo é facultade da empresa.

Artigo 4º

A xornada laboral para o ano 1997 consistirá en 1.780 horas de traballo efectivo anual. Os traba

lladores sometidos a réxime de quendas rotativas realizarán as quendas de mañá, tarde e noite; mañá de 6 a 14 horas, tarde de 14 a 22 horas e noite de 22 a 6 horas, por necesidades técnicas da empresa, de forma que se produza a continuidade na producción. A rotación realizarase de acordo co cadro de quendas anexo ó convenio, de forma que a fábrica traballará os 365 días do ano. Cada ano natural rotarán os compoñentes (traballadores) de cada unha das letras.

O persoal adscrito a mantemento (mecánicos) fará as quendas rotativas segundo o cuadrante anexo.

O persoal adscrito á mesturadora e muíño traballará en dúas quendas, de 6 a 14 horas e de 14 a 22 horas de luns a venres. O posto de traballo do electricista será de xornada partida de 8 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

Establécense quince minutos de descanso para o bocadillo, que se desfrutará intermitentemente, de modo que non se desatenda o proceso de fabricación e de acordo co encargado de cada quenda, entre as nove e as dez horas da quenda da mañá, entre as dezasete trinta e dezaoito trinta na da tarde e de unha e media a dúas e media na quenda da noite, considerándose como tempo de presencia e non efectivo de traballo.

A xornada de traballo queda, pois, invariable e páctase que a partir do 1 de xaneiro de 1997 será de 1.780 horas anuais efectivas.

Artigo 5º

Vacacións. Durante o ano 1997 os traballadores xa desfrutaron das súas regulamentarias vacacións.

Para os anos 1998-1999 establécese unha vacación anual especificada na quenda de vacacións reflectida no cadro anexo ó convenio, e para o resto do persoal será de 30 días naturais; que se desfrutarán entre os meses de xuño a setembro inclusive.

Artigo 6º

A empresa facilitaralle ó persoal obreiro anualmente dúas pezas de roupa consistentes en dous buzos adecuados para o traballo.

Artigo 7º

Condicións económicas.

O salario mínimo garantido para o persoal de ciclo non continuo no ano 1997 consistirá no salario base que tiña acreditado o convenio de CEAMSA en 1996, incrementado nun 3%.

A táboa salarial para este persoal para os anos 1998 e 1999 será o que estea vixente para cada ano no Convenio Xeral de Industrias Químicas. Nas ditas retribucións están incluídos tódolos conceptos retributivos, incluído tódolos pluses. Para este persoal non suxeito a ciclo continuo, como queira que ten acreditadas actualmente retribucións por tódolos conceptos superiores ó establecido no Convenio Xeral de Industrias Químicas, a partir de xaneiro de 1998 á estructura da súa nómina será a seguinte: salario base=salario mínimo garantido (CXIQ) e complemento persoal, no que se englobarán o exceso que por tódolos conceptos retributivos viñese percibindo, mesmo os pluses por quendas e toxicidade, excepto o de antigüidade. Este complemento non

será absorbible nin compensable e incrementarase anualmente na mesma porcentaxe có salario base.

O salario para o persoal de ciclo continuo será o seguinte:

Ano 1997.-Incremento salarial do 3% sobre a táboa salarial 1996 de CEAMSA.

Os traballadores a ciclo continuo, ademáis do incremento pactado e para adecua-los seus salarios ó CXIQ, terán un incremento adicional de: encargados: 1,15%; especialistas: 1,50%; peóns: 1,87%.

Ano 1998.-Incremento salarial: o pactado no CXIQ sobre a táboa salarial 1997 de CEAMSA.

Os traballadores a ciclo continuo, ademáis do incremento sinalado e para adecua-los seus salarios ó CXIQ terán un incremento adicional de: encargados: 1,15%; especialistas: 1,50%; peóns: 1,87%.

Ano 1999.-Incremento salarial: o pactado no CXIQ sobre a táboa salarial 1998 de CEAMSA.

Os taballadores a ciclo continuo, ademáis do incremento sinalado e para adecua-los seus salarios ó CXIQ terán un incremento adicional de: encargados: 1,15%; especialistas: 1,50%; peóns: 1,87%.

O persoal de ciclo continuo ata o 31 de decembro de 1999 continuará a percibi-las mesmas retribucións que se lle viñan acreditando en nómina, é dicir, salario base así como os correspondentes pluses, cos correspondentes incrementos anuais, excepto o de antigüidade.

A partir do 1 de xaneiro do ano 2000, o persoal de ciclo continuo percibirá os salarios que para este persoal estableza o CXIQ, no que se encontran incluídos tamén tódolos pluses, mesmo o de toxicidade, por telo así pactado expresamente, excepto o de antigüidade.

Artigo 8º

Establécese o valor de 13.050 pesetas ano o trienio e 26.100 pesetas ano o quinquenio, quedando conxelada a súa contía para o futuro, seguindo a súa natural evolución os trienios e quinquenios (2 trienios e 5 quinquenios).

Artigo 9º

Os traballadores ós que lles corresponda traballar entre as 22 horas do 24 de decembro e as 22 horas do 25 de decembro e as 22 horas do 31 de decembro e as 22 horas do 1 de xaneiro, percibirán un complemento de 2.000 ptas. polos ditas días.

Artigo 10º

Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias que sexa necesario realizar na empresa polos seus traballadores, consideraranse como estructurais e os valores serán os que se especifican segundo as categorías:

Encargados: 1.000 pesetas.

Oficiais: 1.000 pesetas.

Especialistas: 812 pesetas.

Peóns: 812 pesetas.

Nos anos 1998 e 1999 estas incrementaranse ca mesma porcentaxe salarial que se pacte no CXIQ.

Artigo 11º

Gratificacións extraordinarias.

Establécese unha gratificación extraordinaria en xullo dunha mensualidade, outra en decembro de igual contía e outra de media mensualidade de beneficios, que se devengará no mes de marzo do ano seguinte.

As pagas extras calcularanse, para o persoal de ciclo continuo dividindo o salario profesional (salario base) de CEAMSA anual vixente entre 14œ pagas maila antigüidade. Para o persoal de ciclo non continuo calcularanse dividindo o salario mínimo garantido anual vixente do CXIQ entre 14œ pagas maila antigüidade.

Artigo 12º

Establécese expresamente que a equivalencia dos grupos profesionais, de acordo co establecido no CXIQ, respecto ás categorías profesionais existentes na empresa, son as seguintes:

Encargado: grupo 5.

Oficiais: grupo 3.

Especialistas: grupo 2.

Peón: grupo 1.

Artigo 13º

Calquera disposición legal ou convencional ou norma de obrigado cumprimento que puidese afecta-la empresa CEAMSA e que establecese condicións económicas illadas superiores ás aquí pactadas, serán absorbidas e compensadas en cómputo anual coas melloras aquí reflectidas.

Artigo 14º

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación serán consideradas globalmente.

Artigo 15º

En todo o non previsto neste convenio aplicarase o disposto nas disposicións xerais vixentes e CXIQ, agás o artigo 35 e os capítulos IX e X.

Artigo 16º

Desígnase unha comisión paritaria, composta por dous delegados de persoal e dous representantes da empresa, que exercerá a representación das partes negociadoras para entender en cantas dúbidas xurdan na interpretación e aplicación do presente convenio, e se na primeira reunión non existise acordo adoptado por maioria, será a xurisdicción competente a que o resolverá.

Artigo 17º

Participaron na negociación deste convenio as seguintes persoas: en representación da empresa CEAMSA o seu director-xerente Ignacio Alzueta Amunarriz; en representación dos traballadores, os delegados de persoal, Manuel Blanco Leirós, Ramón Pérez Pérez e Miguel Soutelo Barbosa.