Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 1998 Páx. 1.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 43/1998, do 30 de xaneiro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dunha parcela sita no terreo denominado areal de Cabo de Area, termo municipal de Laxe (A Coruña), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro de ensino secundario.

O Pleno da Corporación Municipal de Laxe, en sesión celebrada o 6 de novembro de 1997, acordou a cesión á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dun terreo para a construcción dun centro de ensino secundario.

Conforme os artigos 17.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisicón pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1 da mesma lei e 38.1 do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para dá-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Laxe acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dunha parcela de terreo, pertencente ó Concello de Laxe, sita no terreo

nomeado areal de Cabo de Area, termo municipal de Laxe, cunha superficie duns 7.016 m, que linda ó norte, con propiedade municipal; ó sur, con propiedade municipal; ó leste, con propiedade municipal e colexio público de EXB; e ó oeste, con Amelia Menéndez Manjón-Sancho Miñano.

O inmoble descrito constitúe unha parcela que se segregará doutro inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, no tomo 592 do arquivo, libro 39 do Concello de Laxe, folio 55, predio nº 2.581, inscrición 1ª.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dun centro de ensino secundario.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade e nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda