Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesións do 28 de novembro e 22 de decembro de 1997, aprobou definitivamente os proxectos de delimitación, estudio de detalle e reparcelación voluntaria, dunha unidade de actuación delimitada na praza de Camilo Díaz Valiño (estación de autobuses).

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1998.

Alcalde

Rubricado