Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle U.A. 10 Currás (expediente 4453/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo o Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 3 de outubro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na U.A. 10 Currás, formulada por Daniel Tapia Rodríguez e outros, e redactado polo arquitecto F. Jaime Riera Nieves, con datas de visado polo COAG do 23/3/1995, 29/5/1996, 19/2/1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios do DOG, e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello, significando que o prazo de exposición ó publico entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contando desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presenten anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 29 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo