Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 28 de novembro de 1997, acordou aproba-lo proxecto técnico de expropiación complementaria no ámbito do sistema xeral S-3, Hospital Xeral.

En cumprimento do disposto nos artigos 17 e seguintes da Lei de expropiación forzosa, o concello expón ó público o referido proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dos vinte días que seguen á publicación deste anuncio no BOP, no DOG e na prensa local, os interesados poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.

O presente edicto serviralle de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Relación de bens e dereitos afectados:

Localización: rúa dos Chouchiños.

Titular: Clotilde Pérez Domínguez e herdeiros de José Rozas Lafuente.

Superficie: 207 m.

Outros bens: vivenda e garaxe.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1997.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro-delegado de Urbanismo