Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria realizada o día 16 de decembro de 1997, acordou adxudicarlle á empresa Ferrovial Servicios, S.A. a xestión do servicio público de abastecemento de auga potable, mantemento e rede de saneamento (rede de sumidoiro) e depuración de augas residuais, na modalidade de concesión administrativa, por un período de 20 anos. Rectifícase o anuncio publicado no BOP de Pontevedra do 12 de novembro de 1997 e no DOG do 25 de novembro de 1997 de adxudicación a favor da UTE que se vai construír entre Ferrovial Servicios S.A. e Cadagua, S.A., por térense escindido por escritura público os servicios indicados a favor da empresa Ferrovial Servicios, S.A.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Poio, 19 de decembro de 1997.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde