Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 5/1994).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria con data 15 de xaneiro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo.

1.- Aprobar inicialmente, por instancia de Máximo Campos Salgado o proxecto de urbanización parcial da Rúa Simón de Monasterio do PXOU de Ourense, coas condicións fixadas polo servicio eléctrico logo da constitución de garantía polo importe de sete millóns seiscentas seis mil catrocentas setenta pesetas (7.606.470 ptas.) para asegura-la correcta execución das obras.

De conformidade co disposto no artigo 44.3 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 27 de xaneiro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde