Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.324

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 41/1998, do 30 de xaneiro, polo que se declara a delimitación do contorno de protección da igrexa de San Martiño de Pazó, no concello de Allariz, provincia de Ourense.

Por Decreto do 3 de xuño de 1931 (Gaceta de Madrid do 4 de xuño), foi declarado ben de interese cultural, con categoría de monumento histórico artístico, a igrexa de San Martiño de Pazó, no concello de Allariz, provincia de Ourense.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, (BOE do 29 de xuño) e da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, por Resolución do 24 de xuño de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 10 de xullo), incoou expediente para a declaración da delimitación do contorno da igrexa de San Martiño de Pazó, no concello de Allariz, provincia de Ourense.

A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, por proposta do conselleriro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta de xaneiro e mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno de protección da igrexa de San Martiño de Pazó, no concello de Allariz, provincia de Ourense, segundo

o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación do anexo I, e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó rexistro xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e ós interesados.

Cuarto.-O presente decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia, e no BOE.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo

ANEXO I

A delimitación quedaría segundo o plano anexo e a seguinte descrición da liña:

1-2 coincidente coa liña que delimita a zona de protección de patrimonio histórico artístico recollida nas NN.SS. municipais aprobadas o 11 de marzo de 1994.

2-3 coincidente coa liña que delimita o solo non urbanizable do núcleo rural de Pazó (zona leste), recollido nas NN.SS. municipais de 1994.

3-4 coincidente coa liña que delimita o solo urbano do núcleo rural de Pazó recollido nas NN.SS. municpais de 1994.

4-1 coincidente coa liña que delimita o solo urbanizable do núcleo rural de Pazó (zona oeste), recollido nas NN.SS. municipais de 1994.

ANEXO II