Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 1998 Páx. 1.325

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de decembro de 1997 pola que se aproba o plan de explotación xeral marisqueira para o ano 1998.

Advertidos erros na Orde do 26 de decembro de 1997, publicada no DOG nº 4, do 8 de xaneiro de 1998, pola que se aproba o plan de explotación xeral marisqueira para o ano 1998, é necesario face-las oportunas correccións:

-No artigo 1º: Autorizacións marisqueiras:

-Na páxina 148: Confraría de Ribeira, onde di: «Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro», debe dicir: «Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, outubro, novembro e decembro».

-No artigo 3º: Plans específicos en zonas de libre marisqueo:

-Na páxina 152, onde di: «Plan conxunto das confrarías de Fisterra, O Pindo e Corcubión», debe dicir: «Plan conxunto das confrarías de Fisterra, O Pindo e Corcubión de ameixa rubia con endeño remolcado».

Onde di: «Plan de berberecho da confraría de Corcubión: días máximos de extracción: 40», debe dicir: «Plan de berberecho da confraría de Corcubión: días máximos de extracción: 80».

-Na páxina 153, onde di: «Plan de coquina da confraría de Espasante: épocas probables de extracción: de xaneiro, marzo, abril e de xullo a decembro», debe dicir: «Plan de coquina da confraría de Espasante: épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro».

-Na páxina 154, ó remate do artigo 3º, deberá engadirse:

Plan específico de ameixa babosa da confraría de pescadores de Camariñas.

Días máximos de extracción: 30.

Punto de venda: lonxa de Camariñas.

Punto de control: lonxa de Camariñas.

Épocas probables de extracción : xaneiro e febreiro e de outubro a decembro.

-No artigo 6º: Percebe:

-Na páxina 155, onde di: «Confraría de Aguiño: épocas probables de extracción: de maio a outubro», debe dicir: «Confraría de Aguiño: épocas probables de extracción: de xaneiro a setembro, novembro e decembro».

Onde di: «Confraría da zona VII: puntos de control: A Coruña», debe dicir: «Confrarías da zona VII: puntos de control: A Coruña (lonxa), Mera e Ares (peiraos)».

Deberá desaparecer onde di: «Confraría de Ares: días máximos de extracción: 50; Puntos de control e venda: confraría de Ares; Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de xullo a decembro».

-No artigo 9º: Navalla e longueirón:

-Na páxina 158, onde di: «Confraría de Muros: épocas probables de extracción: marzo, abril e de xuño a outubro e decembro», debe dicir: «Confraría de Muros: épocas probables de extracción: marzo, abril e de xuño a novembro».

Onde di: «Confraría de Espasante: épocas probables de extracción: xaneiro, marzo, abril e de xullo a decembro», debe dicir: «Confraría de Espasante: épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro».