Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

No BOP da Coruña número 17, do 22 de xaneiro de 1998, aparecen publicadas as bases que rexerán o concurso de méritos para cubri-la praza de cabo da policía local (promoción interna), vacante no cadro de persoal de postos de traballo e incluída na oferta de emprego público deste concello correspondente a 1996, polo que en virtude do disposto no artigo 18 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, no prazo de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE, os interesados poderán presenta-la correspondente solicitude no rexistro do concello ou a través de calquera dos medios permitidos polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Boiro, 26 de xaneiro de 1998.

Alcalde

Rubricado

557