Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión Municipal de Goberno, en sesión con data do 30 de decembro de 1997, aprobáronse definitivamente os proxectos de urbanización, enerxía eléctrica e iluminación pública do estudio de detalle das parcelas C-2, C-3, C-4 e C-5 da actuación industrial deste concello, sendo o peticionario a Sociedade Estatal de Promoción e Equipamento do Solo (SEPES) do Ministerio de Fomento, e redactados polos enxeñeiros Javier López Pita e Juan R. Pita Morodo.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acto, segundo o establecido no artigo 458.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, o que se

deberá comunicar previamente a este concello, segundo o establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Bergondo, 14 de xaneiro de 1997.

José Carabel Balsa

Alcalde-presidente

932