Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 09 de febreiro de 1998 Páx. 1.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de decembro de 1997, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-1-CD-70, conta 694 e once máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula III/IV/XIV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que non resulten pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou se constituán en parte na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, con conseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 18 de decembro de 1997.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

Josefa Ferreiro Liberata e herdeiros.

Expte.: C-1-CD-70 (DP-D 41/97).

Conta: 694.

Polígono de elviña II fase, blo. 12, P-9, 4ºI.

Importe débeda: 109.533 ptas.

Diego Jiménez Borja e herdeiros.

Expte.: C-2-IV/75 (DP-D 42/97).

Conta: 273.

Polígono de Vite, blo. 18, 1ºD (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 1.169.655 ptas.

Marcelino García Fernández e herdeiros.

Expte.: C-2-IV/75 (DP-D 44/97).

Conta: 159.

Polígono de Vite, blo. 10, 4ºD (Santiagode Compostela).

Importe débeda: 1.897.090 ptas.

Manuela Casas Rodríguez e herdeiros.

Expte.: C-103-CD/67 (DP-D 46//97).

Conta: 171.

Avda. Castelao, blo. 39, P-3, 2ºA (Ferrol).

Importe débeda: 78.520 ptas.

Manuel Fernández Boedo e herdeiros.

Expte.: C-2-CD/70 (DP-D 48/97).

Conta: 291.

Polígono de Elviña II fase, blo. 8, P-3, 3ºI (A Coruña).

Importe débeda: 101.602 ptas.

Manuel Rodríguez Ocarranza e herdeiros.

Expte.: C-1-IV/78.1 (DP-D 49/97.

Conta: 80.

Polígono de Caranza, r/ Pardo Bazán, blo. 46,P-36, 1ºC (Ferrol).

Importe débeda: 1.986.955 ptas.

José Jiménez Bustamante e herdeiros.

Expte.: C-40-IV/96 (DP-D 50/97).

Conta: 64.

Polígono de Elviña II fase, blo. 16, P-1, 2ºA (A Coruña).

Importe débeda: 538.303 ptas.

Celso Paz Chao e herdeiros.

Expte.: C-I-IV/78-1 (DP-D 51/97).

Conta: 15.

Polígono de Caranza, blo. 42, P-27, baixo esq. (Ferrol).

Importe débeda: 1.268.823 ptas.

Juan José Bouza Manivesa e herdeiros.

Expte.: C-109-CD/67 (DP-D 52/97).

Conta: 91.

r/ Armada Española, blo. 30, P-7, 4ºD (Ferrol).

Importe débeda: 219.780 ptas.

José A. Montero Vez e herdeiros.

Expte.: C-85/190 (DP-D 53/97).

Conta: 1.

Polígono de Esteiro cuarteirón 25, blo. 1, P-1, 1ºD (Ferrol).

Importe débeda: 1.480.099 ptas.

Mª Juana Díaz Seijas García e herdeiros.

Expte.: C-136-CD/63 (DP-D 68/97).

Conta: 648.

Barrio das Flores, blo. 24, piso 7, baixo Dta. (A Coruña).

Importe débeda: 545 ptas.

Jesús Fuentefría Expósito e herdeiros.

Expte.: C-136-CD/63 (DP-D 69/97).

Conta: 695.

Barrio das Flores, blo. 24, P-13, 6º Esq. (A Coruña).

Importe débeda: 2.104 ptas.

538